miércoles, 20 de enero de 2010

Redes sociales

A rede social mais usada polos rapaces e rapazas da miña idade, na zona do Barbanza e creo q no resto de España tamén, é o tuenti. Eu tamén estou rexistrado en tuenti e neste traballo vou falar del. Nesta rede social coma noutra calquera tes a posibilidade de coñecer xente de moitas partes de España sen moverte do teu asento. Podes falar cos amigos cercanos ou con outra xente da que non sabes nada desde fai tempo, e sen gastar saldo no teléfono móbil. Podes subir fotografías e comentalas. Pódeste enterar de moitas cousas a través de eventos; como por exemplo dun exame, dun partido de fútbol, dunha folga, de aniversarios, etc.Moitas persoas creen que as redes sociais son malas, é dicir, que teñen moitos inconvenientes, pero iso é porque hai persoas que as utilizan indebidamente; como por exemplo para meterse con outras persoas ou para suplantar a outras persoas. Nas cadenas de televisión fálase moito destas redes, pero case sempre estos reportaxes enfócanse cara o lado malo porque son as noticias que venden. O perfil de noticias que solen saír na televisión son como esta: "Un home duns corenta e cinco anos de idade púxose en contacto a través de facebock cunha rapaciña de catorce anos e violouna ou asasinouna''. Este tipo de noticias son as que lle dan mala fama a estas redes, sobre todo en persoas que non están moi familiarizadas con elas. Pero tamén cando desaparecen persoas se usan as redes sociais para buscalas en forma de eventos ou de entradas, e isto nunca sae na televisión. En xeral, eu creo que as redes sociais non son tan malas como as pintan, teñen algúns inconvenientes porque non todo o mundo as usa con responsabilidade, pero así pasa con todo. Como se sole dicir: "Non digas que non che gusta algo ata que o proves."

No hay comentarios:

Publicar un comentario