domingo, 2 de mayo de 2010

Go animate

GoAnimate.com: clase by puniet

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

miércoles, 20 de enero de 2010

Redes sociales

A rede social mais usada polos rapaces e rapazas da miña idade, na zona do Barbanza e creo q no resto de España tamén, é o tuenti. Eu tamén estou rexistrado en tuenti e neste traballo vou falar del. Nesta rede social coma noutra calquera tes a posibilidade de coñecer xente de moitas partes de España sen moverte do teu asento. Podes falar cos amigos cercanos ou con outra xente da que non sabes nada desde fai tempo, e sen gastar saldo no teléfono móbil. Podes subir fotografías e comentalas. Pódeste enterar de moitas cousas a través de eventos; como por exemplo dun exame, dun partido de fútbol, dunha folga, de aniversarios, etc.Moitas persoas creen que as redes sociais son malas, é dicir, que teñen moitos inconvenientes, pero iso é porque hai persoas que as utilizan indebidamente; como por exemplo para meterse con outras persoas ou para suplantar a outras persoas. Nas cadenas de televisión fálase moito destas redes, pero case sempre estos reportaxes enfócanse cara o lado malo porque son as noticias que venden. O perfil de noticias que solen saír na televisión son como esta: "Un home duns corenta e cinco anos de idade púxose en contacto a través de facebock cunha rapaciña de catorce anos e violouna ou asasinouna''. Este tipo de noticias son as que lle dan mala fama a estas redes, sobre todo en persoas que non están moi familiarizadas con elas. Pero tamén cando desaparecen persoas se usan as redes sociais para buscalas en forma de eventos ou de entradas, e isto nunca sae na televisión. En xeral, eu creo que as redes sociais non son tan malas como as pintan, teñen algúns inconvenientes porque non todo o mundo as usa con responsabilidade, pero así pasa con todo. Como se sole dicir: "Non digas que non che gusta algo ata que o proves."

martes, 15 de diciembre de 2009


Xa fai moito tempo, ante a ausencia de xoguetes dos rapaces, con moito enxeño e imaxinación fabricaban uns vehículos para aproveitar as costas abaixo. Tratábase de descender baixadas, valéndose do seu propio peso.

Nun principio tratábase de catro táboas con rodas de madeira ou rodamentos de coches ou de camións, coa que os rapaces xogaban nos seus pobos.

As ganas de correr máis para rebaixar os tempos fixeron evolucionar as carrilanas. As iniciales rodas de madeira darían paso a unhas rodas e eixes de madeiras nobles con sistemas de engra-se e recubrimentos de goma de neumático para lograr unha maior adherencia e a incorporación de metales no chasis.

Nas últimas décadas aparece unha nova modalidade de carreiras de carrilanas. Tratase da de " Rodas de goma ou estilo libre " Donde as rodas e eixes de madeira son sustituidos por rodas de goma con rodamentos e chasis de ferro.

O tema de carrilanas sempre causou algo de bandalismo. Con isto refirome a roubar rodas de contedores de lixo, asaltar a madeira do carpinteiro, asaltar piñeiral para conquerir madeira, etc.

O que en un principio comezou como unha forma de diversión infantil evolucionou cara un dos deportes-espectáculo que máis participantes e público atraen en Galicia.



En resumen podemos dicir que existen tres tipos de "Carrilana":

* Chasis e rodas de madeira (sen rodamentos).

* Chasis de madeira e rodas de ferro (con rodamentos).

* Chasis de ferro y rodas de goma.